Microsoft está a punto de culminar o desenvolvemento dun interface de usuario de Windows XP e Office en galego, a última lingua do estado que aínda non posuía este servicio. A noticia foi difundida a media mañá de onte pola Mesa para a Normalización Lingüística e atribuía este logro á campaña de boicot que a asociación presentara o luns pasado e na que ameazaba ó xigante informático con traducir e difundir o sistema operativo de Linux, a súa máis directa competidora.
De http://www.elcorreogallego.es
Related Posts